Cabo gaña a súa quenda en Ziérbena e acaba no terceiro posto
Cabo gaña a súa quenda en Ziérbena e acaba no terceiro posto
Samertolameu realizou unha gran regata e acabou no décimo posto, a menos dun segundo do oitavo
Cabo de Cruz celebra unha fin de semana de éxitos. O sábado foi quinta en Donosti e o domingo mellorou ese posto cun terceiro en Ziérbena. As cousas non puideron ir mellor para a traiñeira do Barbanza, que gañou a súa quenda, e só Urdaibai (1.º) e Hondarribia conseguían rebaixar os seus rexistros na quenda de honra.
Tamén realizou unha boa regata Samertolameu, pero quedou a un segundo de que fose redonda. Acabou no décimo posto, a un só segundo da oitava praza, un resultado que sería un grande éxito. Pelexou durante toda a súa quenda con Orio e Santurtzi e estivo moi por riba de Ondarroa. Proba da dificultade que tivo a regata foi o 11.º posto da Donostiarra, que o día anterior conseguira gañar a bandeira.