Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cabo sae moi reforzado de Donosti logo de conseguir o quinto posto

Cabo sae moi reforzado de Donosti logo de conseguir o quinto posto

Mala xornada para Samertolameu, que rematou na última praza

G24.gal 08/07/2023 20:54

Cabo de Cruz comezou a encamiñar a permanencia na ACT cun gran quinto posto na Bandeira de San Sebastián. Nun escenario de lenda, os de Boiro gañaron a súa quenda e logo viron como só catro rivais melloraban os seus rexistros.

Un deles foi a Donostiarra. Remaban na casa, pero saían na segunda quenda. Non lle deron opción á poderosa Urdaibai e logo tocou agardar e ver o que facían os rivais da quenda de honra.
Tiveron que sufrir moito, porque Ziérbena estaba a un só segundo a menos de douscentos metros, pero acabaron levando a vitoria na súa casa.

Donostiarra, Ziérbena e Cabo foron os tres triunfadores. Samertolameu, un dos prexudicados ao ocupar o último posto na regata.

Tampouco foi boa xornada para as traiñeiras femininas. Tirán non conseguiu entrar na pelexa. Esa na que si estivo Cabo con Hibaika, pero o duelo decantouse a prol do equipo vasco nas últimas padas. As dúas traiñeiras galegas ocuparon as dúas últimas posicións.

Na Liga Galega, Chapela foi o gran triunfador da xornada. Remaba diante dos seus afeccionados e acadou a primeira bandeira da temporada. O equipo de Juan Zunzunegui sacoulle sete segundos a Bueu e oito a Ares, equipo que mantén o primeiro posto na clasificación xeral. Mañá a Liga terá outra regata en Rianxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos