Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada vez hai máis españois que prefiren pedir un crédito para ir de vacacións en lugar de quedar na casa

Cada vez hai máis españois que prefiren pedir un crédito para ir de vacacións en lugar de quedar na casa

De media solicitan uns 6.000 euros

O prazo medio de devolución destes créditos adoita ser superior aos 60 meses

G24.gal 13/03/2024 13:20

Moitos xa teñen os plans feitos para marchar de vacacións en Semana Santa. Algúns, incluso, sen que lles saian as contas para facelo: unha empresa especialista en pagos a prazos revela que hai cada vez máis españois que piden un crédito persoal para financiar estas viaxes. E non piden pouco. De media, solicitan uns 6.000 euros.

Oney, unha empresa especializada en solucións de pago e servizos financeiros, di que nos últimos tres anos os españois triplicaron as solicitudes de créditos persoais para poder pagarse unhas vacacións a prazos. A moitos galegos sorpréndeos que haxa quen prefira pedir prestado antes de quedar na casa. "Para outras cousas pode ser, pero para ir de vacacións eu non pediría un préstamo". "Eu se tivese que pedir un crédito, as vacacións, na casa".

Di esta empresa que de media o importe solicitado para esta Semana Santa roza os 6.000 euros por crédito. "Parécenme moitos cartos. Unha barbaridade". "Pero a onde van en Semana Santa, se só son catro días!"

Opcións hai no mercado para gastar iso e máis. O caso é poder ou querer facelo, e máis pedindo un préstamo. "Eu non o faría. Cada un ten que saber as súas limitacións e a onde pode chegar".  "Non gozaría das vacacións. Estaría pensando no crédito".

O prazo medio de devolución destes créditos adoita ser superior aos 60 meses, ou sexa, cinco anos reembolsando os cartos das vacacións. "E xa quedas hipotecado para os outros anos, digo eu".

Con todo, di Oney que aínda que son máis persoas as que piden préstamos para ir de vacacións, o importe medio solicitado é inferior ao de anos anteriores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade