Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae co seu coche ao río Xallas ao írselle da estrada

Cae co seu coche ao río Xallas ao írselle da estrada

O mozo rompeu unha perna como resultado do accidente e trasladárono ao hospital nunha ambulancia

G24.gal 25/06/2023 21:35

Un mozo caeu co seu coche ao río Xallas ao perder o control e irse fóra da vía á altura da praia fluvial de Esmorode.

O accidente aconteceu pasadas as 7 da tarde. O vehículo envorcou, pero o condutor e único ocupante puido saír del porque levaba as ventás abertas e o axudaron uns pescadores.

Cando chegaron os bombeiros de Santa Comba, o mozo aínda estaba no río porque tiña unha perna rota. Cunha padiola subírono para que o atendese o persoal do 061 mentres agardaban a chegada dunha ambulancia medicalizada para trasladalo a un centro hospitalario.

Como o coche quedou no río, efectivos de Protección Civil colocaron unhas barreiras anticontaminación. Tamén se deu aviso ao Seprona e a Augas de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade