Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae unha ponte en obras na A-6, entre Galicia e o Bierzo, á altura de Pedrafita

Cae unha ponte en obras na A-6, entre Galicia e o Bierzo, á altura de Pedrafita

A caída do viaduto non causou danos persoais, ao non haber vehículos circulando por el

G24.gal 07/06/2022 12:51 Última actualización 07/06/2022 14:57

A ponte dos Castros, situada na autovía do Noreste (A-6), a carón de Pedrafita do Cebreiro, caeu este martes á mañá sen que se producisen feridos. Ocorreu á altura do quilómetro 431, en sentido A Coruña.

O viaduto levaba en obras dende hai aproximadamente un ano, debido aos danos estuturais detectados na construción. Precisamante por causa desas obras non circulaban vehículos pola ponte, e concentrábanse nos dous carrís que habitualmente se empregan en sentido Madrid.

Hai unha semana o Ministerio de Transporte ordenaba a súa reparación logo de detectar fallos estruturais graves na ponte. 

Agora deberán ser os técnicos os que busquen as explicacións a este derrubamento duns 50 metros entre dous piares da ponte, unha as obras máis complexas da historia da enxeñería española, situado a uns mil metros e altitude e duns 585 metros, sendo o máis longo dos que conectan a Meseta con Galicia.

O desprendemento afectou un tramo duns 50 metros entre dous alicerces do viaduto. A alcaldesa da localidade berciana da Vega de Valcarce, á que pertence O Castro, María Luisa González, en declaracións a Europa Press, felicitouse de que o accidente non deixase sen feridos e lembrou que "xa se sabía, polos técnicos, que os traballos de reparación neste viaduto non ían resultar fáciles, como así acabou hoxe a historia, debido á súa grave deterioración xa que soporta moita circulación e por mor da gran cantidade de fundentes que é preciso utilizar no inverno a causa do mal tempo".  

Ante o ocorrido, a rexedora confesa un certo temor. "Home, méteseche o medo no corpo, pero supoño que cando reparen a ponte quedará todo en perfectas condicións", apuntou María Luisa González, quen confía en que unha vez concluídas as obras mellorarase de forma notable a comunicación na zona, onde un dos viadutos permanece agora aberto e con respecto ao sinistrado o tráfico do Castro derívase pola antiga N-6.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade