Publicador de contidos
Publicador de contidos

Caen as primeiras crinas na rapa das bestas de Sabucedo

Caen as primeiras crinas na rapa das bestas de Sabucedo

O primeiro dos tres curros de Sabucedo celebrouse este sábado pola tarde

Cortaráselles a crina a preto de 230 bestas que tamén serán desparasitadas antes de volver ao monte

Aloitadores no primeiro curro das bestas de Sabucedo
G24.gal 08/07/2023 21:31 Última actualización 08/07/2023 21:46

Bestas e aloitadores viviron esta tarde o primeiro dos curros nesta edición da rapa das bestas de Sabucedo. 

Antes de chegar ao curro, hai días de traballo nos montes de Sabucedo, sobre todo, nas horas que preceden a rapa. Xuntar as bestas que viven libres no monte de Montouto, e guialas ata a aldea é unha das tarefas máis colaborativas da festa. O sábado pola mañá as máis delas xa estaba recollidas no Castelo.

Estamos no momento en que imos meter unhas poucas bestas máis e despois sacarémolas do peche para baixalas a Sabucedo. Aquí está toda a xente que sobe para ver a "baixa" das bestas. 

1.800 persoas agardaban o primeiro curro da tarde cos aloitadores preparados para cortarlles a crina ás bestas.

Aquí faise cunha técnica que se mantén de toda a vida. Só poden ir tres persoas, non pode haber paus nin cordas, brazo con brazo e nada máis. A idea é deter o cabalo para poder rapalo e darlle o desparasitador. Son tres días, cada curro dura hora e media. A cada cabalo tócalle un minuto e logo son ceibes e van moito máis saudables e desparasitados, van vivir moito mellor o resto do ano. 

Quedan por diante aínda outros dous curros, o de domingo ao mediodía e o do luns, despois as bestas volven ao monte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos