Publicador de contidos
Publicador de contidos

Calavera, sorprendido pola súa posible cesión ao Nástic, descarta marchar do Dépor

Calavera, sorprendido pola súa posible cesión ao Nástic, descarta marchar do Dépor

"Estou ao cen por cento centrado aquí e teño claro que quero seguir"

O equipo xuvenil e a afección do Deportivo sorprenden o mediocentro

Calavera na súa presentación co Deportivo
G24.gal 04/11/2021 15:45

Por Zona mixta pasou Josep Calavera. O mediocentro catalán falou sobre a súa presenza no partido de ida da Youth League dos xuvenís do Deportivo contra o Maccabi Haifa e o apoio da afección en Riazor.

A Coruña, unha cidade cómoda

Logo de vivir en Madrid, o catalán agradece estar nunha cidade moito máis accesible. "Todo está moito máis preto, é unha cidade moi tranquila, estou moi ben aquí", afirmou.

A loucura da Youth League

"É moi bonito vivir este ambiente desde a grada de Riazor. É unha pasada o apoio aos xuvenís, que o están facendo moi ben; é unha gozada", dixo, sen sentir celos por esta situación cara ao primeiro equipo.

 

Non pensa en marchar cedido

A pesar de non estar xogando asiduamente, Calavera está a gusto e non pensa en marchar. Sorprendeulle o "interese do Nástic, que agradezo", pero non pensa en marchar do Deportivo. "Souben da nova polo meu irmán e por redes sociais", dixo, pero aínda que "hai días que pasas malos momentos por non xogar", cre que vai triunfar no equipo branco e azul

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade