Cargando resultados...
Calcinadas 550 hectáreas na Pobra do Brollón, con ata dez focos na mesma zona
Calcinadas 550 hectáreas na Pobra do Brollón, con ata dez focos na mesma zona
O incendio aínda está activo, a pesar do esforzo dos medios aéreos e terrestres
O lume puido ocasionarse por un raio da treboada do pasado xoves
G24.gal
16/07/2022 14:47
Última actualización 16/07/2022 14:59
Os medios de extinción esfórzanse en extinguir un lume en Pobra do Brollón que de momento xa leva arrasadas preto de 550 hectáreas de superficie forestal e monte raso.
Na zona mantense decretada a situación dous como medida preventiva. O lume achegouse a unha aldea onde había un campamento xuvenil que houbo que desaloxar. Os veciños fan fincapé en que se o monte estivese limpo non ardería tan facilmente.
O lume comezou coa treboada, nunha zona de difícil acceso. A caída dun raio pode estar na orixe das lapas e deixou ata dez focos na mesma zona.
Arestora, os medios continúan traballando na zona.