Publicador de contidos
Publicador de contidos

Calviño quere un Goberno "canto antes" e Junts aspira ao 'brexit catalán'

Calviño quere un Goberno "canto antes" e Junts aspira ao 'brexit catalán'

Nadia Calviño ve compatible presidir o Banco Europeo de Investimentos e seguir liderando a política económica do Goberno

Desde o PP, Bendodo pono en cuestión e di que hai unha "anomalía democrática" na súa candidatura

 En Junts pregúntanlle a Sánchez se está disposto a apostar polo 'brexit catalán' para a investidura

G24.gal 12/08/2023 20:20 Última actualización 12/08/2023 21:51

Nadia Calviño admite que existen contactos políticos discretos para formar un Goberno de progreso "canto antes". Sobre a candidatura a presidir o Banco Europeo de Investimentos di que o seu nome era o único posible e que o cargo será compatible coa continuidade no Goberno se Sánchez segue na Moncloa:

"Soamente unha candidatura co meu nome tiña as máximas opcións, daríanos ao noso país as máximas opcións de éxito. O presidente Sánchez expresou claramente a súa confianza e eu o meu compromiso con el para seguir liderando, dirixindo e coordinando a política económica do Goberno".

O coordinador xeral do PP, Elías Bendodo, sostén que Calviño pretende a presidencia do BEI porque Pedro Sánchez quizais non obteña os votos necesarios para a investidura. Ademais, censura que Sánchez non conte coa oposición para formalizar unha candidatura deste tipo:

 "En calquera caso, é unha anomalía democrática que, ante a candidatura a un órgano tan importante, o presidente do Goberno en funcións non chame o líder da oposición para falar disto".

Desde Junts falou o deputado Antoni Castellà, que é a súa vez o voceiro oficial do Consello da República, presidido por Puigdemont. Castellà asegura que Sánchez está ante a negociación máis importante desde a transición e que pasa inevitablemente pola independencia de Cataluña:

"A gran discusión de fondo é: vostede está disposto a negociar, digámolo así, 'o brexit catalán'? Nós si, pero debe situarse neste marco mental. Calquera outra non é aceptable".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade