O criterio de desempate para lograr praza nas escolas cambia neste curso
O criterio de desempate para lograr praza nas escolas cambia neste curso
Ata o de agora viña facéndose un sorteo de letras, e a partir de agora será numérico
Marzo é un mes clave para os que busquen colexio para o vindeiro curso, sobre todo para aqueles que acceden por vez primeira ao sistema ou queren cambiar de centro de forma voluntaria. Ábrese o prazo de solicitude.
Moitas familias xa botan contas para ver se conseguen o centro elixido, porque ás veces a demanda é maior que a oferta.
Hai puntos que suman por irmáns no centro, domicilio ou renda, pero ás veces non é dabondo. E hai que aplicar máis criterios. Ata o de agora facíase cun sorteo de letras. Pero este ano o sorteo será numérico. Cada solicitude terá un número asignado.
Este sorteo é a última opción. De feito, o pasado ano só afectou o 0,7 % das preto de trinta mil solicitudes presentadas.