Cambian Benidorm por San Xoán de Río para o seu proxecto de cosmética natural
Cambian Benidorm por San Xoán de Río para o seu proxecto de cosmética natural
En setembro vanse instalar nunha casa con horta, onde van experimentar con extractos de castiñeiro e plantas medicinais autóctonas
Todo comezou cunha mensaxe ao portal Aldealista, unha plataforma que loita contra o despoboamento do rural.
Dun piso en Benidorm pasarán en setembro a unha casa con horta do municipio ourensán de San Xoán de Río. Alí van experimentar con estractos de castiñeiro e plantas medicinais autóctonas, coa malva e a flor do sabugueiro.
Juan Carlos Pastor, técnico de laboratorio bioquímico, explica que apostan por unha reformulación da cosmética mediterránea que fan agora. Di: "O que estamos facendo é transformar a nosa liña de cosmética buscando activos nominativos da rexión de Galicia para darlle valor a esa contorna rural e crear unha cosmética rural galega".
E a medio prazo mesmo queren ter unha denominación de orixe Ribeira Sacra. Pero o seu non é só un proxecto empresarial. "É verdade que o cambio xurdiu máis por unha necesidade persoal, unha necesidade interior", engade Juan Carlos.
O fundador de Aldealista, Juan Carlos Pérez, destaca que "os portais tradicionais non atopan moitas veces iso non? O que fixemos foi rastrexar a zona cos veciños".
A aplicación comezou nunha aldea ourensá, pero ábrese xa a outras poboacións galegas de menos de cinco mil habitantes.
"Queremos que a ente que está en Suíza, en Alemaña, en Portugal, na Arxentina, no Brasil... poida facer tamén 'match' co rural galego", di Pérez. Úsase xa en 23 países.