Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda colle a bici para facer o Camiño de Santiago, que segue a bater marcas

Rueda colle a bici para facer o Camiño de Santiago, que segue a bater marcas

O presidente da Xunta aproveita esta fin de semana para peregrinar a Compostela e Fisterra desde O Porto

 

G24.gal 22/06/2024 14:15 Última actualización 22/06/2024 14:40

O presidente da Xunta volveu coller a bicicleta para facer o Camiño de Santiago dende Porto ata Fisterra canda os conselleiros de Cultura e do Mar.

Alfonso Rueda está contento coas cifras de peregrinación deste ano. Malia non ser Ano Santo, este mes máis de 200.000 persoas van selar a compostela. Case o 60 % son de orixe estranxeira.

"Probablemente este ano se volva ter un récord de peregrinos de moitísimos países, ademais estanse repartindo entre os diversos camiños, os dous camiños portugueses, o portugués tradicional e pola costa, xa están case á par do francés, e moitísima xente repite, un ano fan un, outro ano fan outro e ademais desestacionalizado, cada vez máis repartido durante o ano".

Asegura que se están a diversificar as rutas e o Camiño Francés rexistra unha afluencia moi similar ao luso tradicional ou o que vai polo litoral.

O mandatario galego recoméndalle a todo o mundo afrontar a experiencia do Camiño. El dedica esta fin de semana a facer o portugués da costa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade