Campaña de alcol e drogas da DXT na segunda fase do operativo de Nadal
Campaña de alcol e drogas da DXT na segunda fase do operativo de Nadal
Desde que comezou o período do Nadal, o 22 de decembro, 8 persoas morreron en accidentes nas estradas galegas
Baixo o lema desta campaña de Nadal da DXT "Chegar tarde é mellor que non chegar", comeza esta nova fase do operativo de Tráfico nunha das datas máis complicadas do ano para a circulación nas estradas. Controis preventivos de alcol e drogas serán habituais estes días, ademais de vixiar tamén a velocidade.
O elevado número de desprazamentos, a meteoroloxía adversa e as xuntanzas sociais que incrementan o consumo de alcol son algúns dos factores que inciden negativamente na seguridade viaria desta época.
Desde que comezou o período do Nadal o pasado 22 de decembro, 18 persoas faleceron en accidentes de tráfico, 8 delas nas estradas galegas. A maioría dos condutores ve con bos ollos estas campañas de control e prevención.
Planificar a viaxe con antelación e informarse sobre calquera incidencia nas estradas tamén aumenta a seguridade viaria de todos.