Publicador de contidos
Publicador de contidos

Campaña para atraer residentes a unha aldea quiroguesa

Campaña para atraer residentes a unha aldea quiroguesa

Hai dúas familias xa asentadas en Vieiros, que se propoñen recuperar o lugar

Tentan recadar 10.000 euros para mercar gando que manteña limpa a contorna

 

G24.gal 22/10/2022 08:00 Última actualización 22/10/2022 09:03

aldea de Vieiros, acubillada no parque do Courel a 35 minutos do concello lugués de Quiroga, estivo 28 anos deshabitada. José foi o último veciño en deixar a localidade; Roi, o primeiro que volveu. 

Agora dúas familias viven no lugar e propuxéronse animar a que a aldea recupere a vida que tivo antano. A través dun proxecto de micromecenado pretenden facerse con cabras, ovellas e burros para manter limpa de maleza a contorna.

A idea é acadar 10.000 euros e converter a aldea de Vieiros nun proxecto de vida. De momento, xa hai unha cativa e outro neno que vén en camiño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade