O mercado vigués de Teis, escaparate do mexillón de Galicia
O mercado vigués de Teis, escaparate do mexillón de Galicia
O obxectivo é darlle difusión á marca con degustacións nas prazas de abastos
"Pasen, vexan... e saboreen o mexillón das nosas rías". O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia impulsa unha campaña para difundir a marca. O mercado de Teis converteuse nun grande escaparate onde degustar o produto.
A campaña, que conta co apoio económico da Xunta, percorrerá diversas prazas de abastos e amosará os grandes beneficios deste recurso único. O certo é que non hai quen se resista ao mexillón de Galicia.
O selo Mexillón de Galicia certifica un rigoroso control e supón un aval da súa orixe galega. O ouro negro das nosas rías dá traballo a 3.500 familias de forma directa. Unha cifra que dá conta da importancia do saboroso mexillón de Galicia, do que as praceiras son as mellores embaixadoras.