Publicador de contidos
Publicador de contidos

Camperizar a nosa furgoneta por módulos extraíbles

Camperizar a nosa furgoneta por módulos extraíbles

Unha empresa de Vigo constrúe estes módulos, que se montan e desmontan con gran facilidade

En cuestión dunha hora podemos camperizar a nosa furgoneta a través do modelo Vancubic, cubos de quitar e poñer

G24.gal 11/07/2024 22:01 Última actualización 11/07/2024 22:36

Como por arte de maxia, a nosa furgoneta de carga convértese nunha minicasa con rodas. Temos módulos de quitar e poñer con cociña, baño e salón cun sofá que se converte en cama. Tamén dispoñemos de liteiras para unha ou dúas persoas. Pero isto non é todo.

Esta innovadora modalidade chamada vancubic ten a súa base en Vigo. Aquí Iván e o seu socio constrúen estes módulos adaptables. Nútrense da industria da automoción viguesa e suxéitanse con correas, nin un só parafuso, polo que non necesitan ser homologadas. Unha vantaxe máis para os futuros clientes.

Constituíronse como empresa hai dous anos. Con varios puntos de venda en España e Europa, teñen toda a súa fabricación comprometida ata setembro. 

O prezo destes módulos vai dende os 16.000 ata os 24.000 euros. Un diñeiro que non se perde á hora de mudar de furgoneta. Podemos levar a nosa camperización ao novo vehículo para seguir gozando de fogares sobre rodas que nos acercan a todo tipo de paisaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar