Campo Lameiro é a Capital do Turismo Rural deste 2023
Campo Lameiro é a Capital do Turismo Rural deste 2023
A veciñanza enteira agarda que o título lle dea máis visibilidade ao concello pontevedrés
Xa notaron un aumento dos visitantes só coa campaña da votación
O concello pontevedrés de Campo Lameiro, capital galega da arte rupestre, suma desde esta semana un novo título e unha nova razón para visitalo. Campo Lameiro é a Capital do Turismo Rural deste 2023. Concedéronlle o galardón os usuarios dun coñecido portal de aloxamentos rurais.
É o primeiro concello galego que o consegue.
Das máis de cen mil votacións recollidas na sétima edición do certame que impulsa o portal Escapada Rural, case unha quinta parte, o 16,9 por cento, elixiu Campo Lameiro en dura pugna coa vila abulense de Candeleda e entre outros 70 concellos de toda España.
A armadanzas de todo foi Elena Souto, veciña e xerente dun aloxamento rural que presentou a candidatura do seu concello, convencida de que ben o merece. Coñecémola nesta reportaxe.