Últimas rabexadas do verán galego máis caloroso da historia
Últimas rabexadas do verán galego máis caloroso da historia
O informe de Meteogalicia apunta a que o volume das precipitacións moveuse dentro da normalidade
O verán de 2022 é o máis cálido dende que hai rexistros, con 1,6 graos por riba da temperatura habitual
Seguimos estirando un verán que rematará en doce días. O verán máis caloroso en Galicia desde que hai rexistros. Así o reflicte o informe de Meteogalicia sobre o último trimeste.
E aínda que moitos remataron as vacacións nas Rías Baixas, os areais seguen con moita xente que se resiste a dicirlle adeus ao sol e á calor.
Ese resumo do informe de xuño, xullo e agosto fala dun verán extremadamente cálido, no que onde a media das temperaturas se situou 1,6 graos por riba do habitual e cun volume de precipitacións que se moveu dentro da normalidade grazas ás chuvias de xuño.
Xornada de praia
Na praia urbana de Samil, este domingo de ceos con algunhas nubes, os termómetros chegan aos 27 graos.
Vendo os partes meteorolóxicos da vindeira semana que prevén precipitacións todos os días, moitos son os que decidiron despedir este verán na súa penúltima fin de semana como o comezaron, cos pés nos areais.
Aínda que a memoria humana é fráxil para lembrar o tempo, 2022 será recordado como aquel das intensas vagas de calor.