Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reforzan a vixilancia contra o mosquito tigre en Moaña, Cangas e Vigo e esténdena a Bueu e Vilaboa

Reforzan a vixilancia contra o mosquito tigre en Moaña, Cangas e Vigo e esténdena a Bueu e Vilaboa

Dispuxéronse oito trampas en Moaña e outras dúas en Cangas

De acordo con a aplicación Mosquito Alert, confirmáronse 26 exemplares de mosquito tigre e outros 42 son probables entre as áreas de Cangas e Moaña e outros 7 en Vigo

G24.gal 23/08/2023 18:48 Última actualización 23/08/2023 19:44

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta decidiu reforzar a vixilancia do mosquito tigre nos concellos pontevedreses de Moaña, Vigo e Cangas, onde se detectou a especie, á vez que a ampliará de maneira preventiva aos municipios próximos de Bueu e Vilaboa.

Así se acordou o martes na terceira reunión do comité técnico tras a aparición deste mosquito, á que se sumou representación do Concello de Vigo despois do achado a semana pasada de varios exemplares.

En declaracións aos medios, a subdirectora xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde, Inés Mato, avanzou que a Escola Galega de Saúde Pública organizará o vindeiro xoves, día 31 de agosto en Pontevedra, unha formación específica para técnicos dos concellos na que participarán expertos en sanidade ambiental, epidemioloxía e entomoloxía.

A subdirectora xeral insiste en facer unha chamada á colaboración cidadá a través da aplicación Mosquito Alert, onde se pode avisar da presenza de diferentes tipoloxías de mosquitos a través de fotografías que logo os expertos poden analizar.

Xunto a isto, a Xunta volve recomendar aos veciños que eviten a acumulación de auga estancada, en puntos como bebedoiros ou pratos colocados baixo as macetas, entre outros, porque é aí onde proliferan os ovos desta especie que foi detectada en Galicia por primeira vez hai 15 días.

Case 70 alertas ata o momento

Foi, precisamente, a través da aplicación Mosquito Alert como se localizaron os primeiros exemplares no Morrazo. Ata o momento, este mapa web reflicte un total de 68 rexistros de mosquitos tigre entre Moaña (61) e Vigo (7), aínda que ás autoridades tamén lles consta a súa presenza en Cangas.

En Moaña, a alcaldesa, Leticia Santos, di que se colocaron trampas "no territorio" do municipio para colaborar na recollida de mostras deste insecto, co obxectivo de que entomólogos das universidades de Vigo e Santiago poidan estudar a especie.

A rexedora insiste en "potenciar a colaboración" entre administracións neste labor e, igual que a Xunta, fai esa chamada á colaboración cidadá. 

Este xoves, responsables do goberno local reuniranse con entomólogos e coa empresa de control de pragas que ten contratada o Concello para traballar na mitigación desta especie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos