Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colonias de morcegos contra o mosquito tigre en Moaña

Colonias de morcegos contra o mosquito tigre en Moaña

Colocaron equipos de ultrasóns para detectar a súa actividade e instalarán casetas para intentar aumentar a súa poboación       

G24.gal 11/07/2024 14:26

Estes enigmáticos animais poden converterse na solución para acabar co mosquito tigre en Moaña. O colectivo Morcegos de Galicia, en colaboración coas comunidades de montes e os colectivos veciñais, pretende crear colonias para frear a presenza do insecto.

O primeiro paso é colocar uns equipos de ultrasóns para detectar a actividade dos morcegos. Xa para o mes, unha vez que se recollan os datos, porán casetas nas árbores e nas fachadas das casas para intentar aumentar a súa poboación. Unha medida de control natural do mosquito tigre que convence os veciños, porque os mosquitos xa empezaron a picar.

Comezaron na parroquia de Tirán, onde se detectou por primeira vez o mosquito tigre en agosto do ano pasado. Ofrécenlles aos morcegos un acolledor fogar, pero, iso si, a cambio terán que liberalos destes molestos insectos.        

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade