Publicador de contidos
Publicador de contidos

Instalan casetas para morcegos en Moaña para facerlle fronte ao mosquito tigre

Instalan casetas para morcegos en Moaña para facerlle fronte ao mosquito tigre

O obxectivo é que aumente a poboación para frear a expansión do mosquito tigre

G24.gal 04/09/2024 14:06

Malia o seu pequeno tamaño, os morcegos poden ser grandes aliados na loita contra o mosquito tigre.  Manuel Currás, presidente da comunidade de montes de Meira, sinala que 
"o mosquito tigre e o outro está xerando problemas, hai moitas queixas polas picadas.

Zeltia López Gallego pertence a ONG Morcegos de Galicia, que asesora nas instalacións das casetas, segundo detalla "os morcegos europeos aliméntanse de insectos e por iso son controladores de pragas

En Moaña, xa instalaron unha ducia de casetas para morcegos e nos próximos días colocarán outras 18 repartidas polas parroquias de vila. O obxectivo é aumentar a poboación deste mamífero voador para loitar contra os mosquitos.

Zeltia López explica que deben escoller ben a localización, xa que "ten que haber auga cerca, algunha liña de árbores que lles permita moverse polas noites".

As caixas están pensadas para morcegos que viven en fendas, que apenas pesan tres ou catro gramos, polo que poderían acoller máis de trinta. A parroquia de Tirán, en Moaña, foi o primeiro lugar de Galicia en rexistrar a presenza do mosquito tigre. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar