Sanidade recomenda repelente ante a aparición de mosquitos tigre en colexios de Vigo
Sanidade recomenda repelente ante a aparición de mosquitos tigre en colexios de Vigo
O Concello de Vigo usou larvicidas en instalacións educativas para evitar a súa reproducción
A Consellería de Sanidade recomendou o uso de repelentes ante a aparición de mosquitos tigre en colexios de Vigo, nos que se aplicou larvicidas para evitar a súa reprodución.
Segundo fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas), o Concello de Vigo, seguindo as indicacións do Plan de Control do mosquito tigre de Galicia elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, usou larvicidas en instalacións educativas tras a aparición de varios exemplares desta especie de mosquito.
Con todo, Sanidade explicou que o uso xeneralizado nesta época do ano de roupa que cobre pernas e brazos axuda a evitar as picaduras. Para o resto de pel exposta ao aire libre, os expertos recomendan utilizar repelente indicado para este insecto.
"Esperamos que a baixada de temperaturas, previsible nas próximas semanas, faga desaparecer o mosquito tigre durante o inverno, aínda que a Dirección Xeral de Saúde Pública estará pendente da súa posible aparición na primavera", engadiu o Sergas.