Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cans e gatos deberán ter DNI a partir do 1 de xaneiro

Cans e gatos deberán ter DNI a partir do 1 de xaneiro

O obxectivo é erradicar o abandono de mascotas e o maltrato animal

G24.gal 31/12/2021 11:44

Cans e gatos pasan a ser seres sentintes e deixan de ser considerados como bens ou cousas. E é así por lei.

A partir de mañá, primeiro día de 2022, é obrigatorio que conten co seu propio DNI. Un dos seus principais obxectivos é erradicar o abandono de mascotas e o maltrato animal.

O DNI permitirá ás autoridades localizar os donos. O documento é compatible co microchip e conterá toda a información básica sobre o animal: datos de contacto e do seu historial médico, como as vacinas e os tratamentos.

A lei de protección e dereitos dos animais obriga a realizar un curso formativo para poder ter unha mascota.

Os que xa teñen animais na casa, non poderán deixalos máis de tres días sen supervisión, agás no caso dos cans, que non poderán quedar sós máis de 24 horas. Ademais, terán que estirilizalos se son de diferentes sexos para controlar a reprodución.

Outras prohibicións desta lei son: os circos con animais, sacrificar as mascotas sas, vender animais en tendas, agás os peixes; criar camadas de forma particular, que os animais salvaxes participen en espectáculos e o tiro ao pombo.

Por último, elimínase a consideración de cans potencialmente perigosos só pola raza e hai un rexistro nacional de persoas que non poden ter mascotas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade