Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cantas horas ao día traballa un autónomo?

Cantas horas ao día traballa un autónomo?

Un estudo feito en colaboración coa Universidade de Granada di que de media superan as dez horas ao día

G24.gal 20/09/2023 14:38

Perfecto leva como autónomo 23 anos. Se alguén lle pregunta polas horas que pasa ao día no taller non baixan de dez ou doce.

Trece son os anos que Miguel leva traballando por conta propia e ten que facer memoria de cando foron as últimas vacacións que desfrutou.

E coma eles case a metade dos autónomos en España. É o que recolle un estudo feito pola Universidade de Granada, que di que traballan un mínimo de dez horas diarias e non poden coller máis de vinte días de vacacións ao ano.

Nove de cada dez autónomos aseguran que o emprendemento non é sinxelo, ata o punto de que un 45 por cento dos enquisados recoñece que se volvese atrás non volvería ser autónomo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade