Publicador de contidos
Publicador de contidos

Canto custa unha comuñón para as familias galegas?

Canto custa unha comuñón para as familias galegas?

O gasto medio supera os dous mil euros, entre o traxe, o banquete e a reportaxe fotográfica

G24.gal 14/05/2024 22:04

Foron moitas semanas de preparativos que culminan nestes meses de maio e xuño. As comuñóns supoñen un gasto importante de tempo e diñeiro para moitas familias. E hai que facelo con moita antelación se temos que elixir e confeccionar o vestido que roza de media nas nenas os 500 euros, e nos nenos os 400.

Yolanda Álvarez, asesora de Rosa Clará: "Empezamos as vendas en decembro, coa iluminación de Nadal. A xente pasa, xa ve os escaparates. Adoitan levar o vestido un mes antes porque a maioría queren facer fotos e reportaxes".

Unhas semanas antes, hai que visitar o estudio onde se fará unha reportaxe fotográfica, en que os prezos rozan os 300 euros. Se queremos facelo en exteriores ou o propio día da comuñón, o presuposto encarece moito máis.

Merce Maceira, fotógrafa do estudio Fotoelíptica: "As fotos son a lembranza que lles queda de por vida, entón as familias danlle moita importancia á foto de estudio".

Elixir o lugar onde celebrar o banquete é outro quebracabezas de cabeza para as familias. Buscan lugares que conten con espazos exteriores pensando nos máis pequenos. En moitos lugares xa colgaron o cartel de completo.

Susana Rodríguez, encargada dos eventos do Hotel Pazo Os Escudos: "Maio e xuño témolos completo, e xullo é un mes onde aínda seguen facendo reservas para poder facer a comuñón. Estamos falando dunha media dunhas 50 persoas por comuñóns, polo que buscan espazos amenos para esa celebración".

Sumando o banquete, que supón o 70 % do gasto total, as familias estarían pagando de media preto duns 3.000 euros por comuñón. Prezos que nalgúns casos, e dependendo das familias, poden superar estas cifras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade