Publicador de contidos
Publicador de contidos

Caos nos trens de proximidade de Madrid por unha avaría no sistema de sinalización

Caos nos trens de proximidade de Madrid por unha avaría no sistema de sinalización

Os pasaxeiros da liña C8 estiveron pechados nos vagóns unha hora, logo saltaron ás vías e a pé chegaron á estación de Atocha

No interior dos vagóns vivíronse momentos de angustia, ía moita calor e algúns viaxeiros comezaron a encontrarse mal

G24.gal 06/05/2024 14:05

Levaban unha hora encerrados nos vagóns, sen información, cando un dos pasaxeiros acciona o sistema de alarma e todos abandonan o tren saltando ás vías, e a pé foron chegando á estación de Atocha. Ocorreu nun dos trens de proximidade da liña C8 de Madrid. 

Como se pode ver nos vídeos que gravaron os propios viaxeiros e que logo colgaron nas súas redes, o tren ía moi cheo. Os pasaxeiros aseguran que ía moita calor, que apenas tiñan aire e que algunhas persoas empezaron a sentirse mal, polo que viviron momentos de angustia.

En masa camiñan durante máis de cinco minutos polas vías ata alcanzar a estación de Atocha, isto obriga a interromper a circulación ferroviaria provocando numerosos atrasos no resto das liñas. 
Ao parecer, unha avaría na sinalización foi o que provocou que o tren estivese parado tanto tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade