Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Canal correrá no Movistar as próximas dúas temporadas

Carlos Canal correrá no Movistar as próximas dúas temporadas

O ciclista de Xinzo pasa a unha entidade UCI Pro Tour

G24.gal 18/10/2023 11:37 Última actualización 18/10/2023 14:02

Xa é oficial, Carlos Canal correrá no Movistar. O ciclista de Xinzo de Limia asina por dúas temporadas coa formación navarra. Canal correu dous anos co Burgos BH, dous anos co Euskaltel e pasa a unha entidade UCI Pro Tour, con 22 anos.

Desde os tempos de Óscar Pereiro ningún galego estaba nun equipo da máxima categoría.

Onte escribiu esta carta de despedida:

"Tempada 2023 terminada, e momento tamén de despedirme do que foi o meu equipo durante estas dúas tempadas, o Euskaltel. Moi agradecido pola implicación e o trato que recibín desde o primeiro ata o último día, e feliz polas amizades que me levo. Vémonos nas carreiras".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar