Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Mazón xura o cargo como presidente da Generalitat Valenciana

Carlos Mazón xura o cargo como presidente da Generalitat Valenciana

O popular pide consensos para gobernar, e nos próximos días anunciará a composición do seu executivo con Vox

G24.gal 17/07/2023 15:08

Carlos Mazón xa é o novo presidente da Generalitat Valenciana. O candidato popular xurou o cargo no Parlamento autonómico, e no seu primeiro discurso asegurou que comeza unha etapa de cambio na comunidade.

"Un novo proxecto de cambio para a Comunidade Valenciana, non concibo maior honor e maior responsabilidade. Por iso, como dixen no meu discurso de investidura, téndolles a man a todos: non só aos partidos políticos, tamén ao conxunto da sociedade".

En presenza de Isabel Díaz Ayuso e Cuca Gamarra, Mazón reivindicou o autogoberno e propuxo consensos. Nos próximos días dará a coñecer a composición do seu executivo de coalición con Vox.

Tras a toma de posesión, o novo presidente valenciano foi recibido polo seu antecesor, Ximo Puig, no Palacio da Generalitat para escenificar a remuda.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade