Cargando resultados...
Carlos Mella recibe o Premio Trasalba
Carlos Mella recibe o Premio Trasalba
Foto de familia durante a entrega do Premio Trasalba a Carlos Mella
G24.gal
26/06/2022 14:13
Última actualización 26/06/2022 14:55
O economista, político e escritor Carlos Mella Villar recibiu este domingo o premio Trasalba que outorga a fundación Otero Pedrayo no pazo do escritor en Amoeiro.
No acto, conducido polo presidente da Real Academia Galega, destacaron o compromiso e a traxectoria vital do premiado e a súa entrega á causa da cultura galega.
Nacido na Estrada en 1930, Carlos Mella foi Vicepresidente da Xunta e deputado no Parlamento. Aos seus case 92 anos, preside a Fundación Castelao e foi tamén presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.