Carlos Mouriño: "Todos coñecemos a retranca de Iago Aspas"
Carlos Mouriño: "Todos coñecemos a retranca de Iago Aspas"
Para Mouriño: "Tamén houbo declaracións de presidentes e xogadores máis graves que o que dixo Iago e non foron sancionadas"
A Carlos Mouriño non lle basta con que Denis Suárez deixe a axencia á que pertence
O presidente do Celta, Carlos Mouriño, cre que “non hai que perseguir” ao dianteiro Iago Aspas polas súas declaracións sobre a arbitraxe do asturiano González Fortes ao finalizar o partido do pasado sábado contra o Real Madrid en Balaídos, despois de que o Departamento de Integridade da Federación trasladase un informe ao Comité de Competición para estudar unha posible sanción.
“Todos os que coñecemos a Iago sabemos da súa sorna, a súa retranca e aí témolo que encaixar. Tamén houbo declaracións de presidentes e xogadores máis graves que o que dixo Iago e non foron sancionadas”, comentou o máximo accionista do club vigués.
A Carlos Mouriño non lle basta con que Denis Suárez deixe a axencia á que pertence. Denis estaría disposto a negociar individualmente. A Mouriño iso non o convence.
"Con ese representante non imos negociar. Denis teno doado. Ou renuncia a colaborar con esa axencia ou co Celta non ten nada que ver".