Carlos Pérez Rial volve a un mundial de piragüismo con 44 anos
Carlos Pérez Rial volve a un mundial de piragüismo con 44 anos
Perucho, remando agora co tomiñés Roi Rodríguez, conseguiu onte praza mundialista no K2 500 metros por diante dos grandes favoritos
Os anos están para ser cumpridos, e hai quen os fai con gallardía. Carlos Pérez Rial, Perucho, aquel xa non tan rapaz que subiu ao máis alto do caixón en Pequín 2008 para pendurar a medalla de ouro do medio quilómetro en piragüismo canda o seu compañeiro de bote Saúl Craviotto, volve ao rego do alto nivel.
O deportista de Aldán, agora xa cos 43 abrís ao lombo, acaba de facerse en Asturias, no encoro de Trasona, cunha praza para disputar o Mundial de Piragüismo Sprint Olímpico en Canadá, do tres ao sete de agosto. Perucho, remando agora co tomiñés Roi Rodríguez, conseguiu onte praza mundialista no K2 500 metros por diante dos grandes favoritos: Carlos Garrote, campión de Europa e do mundo en 2018, e Cristian Toro, ouro olímpico en Río 2016.
Os galegos cruzaron primeiros na meta nunha proba moi igualada en que a diferenza entre as dúas primeiras embarcacións foi non máis das 392 milésimas de paso e paso. Un minuto e 28 segundos, ese é o tempo que leva a Rodríguez e Perucho ao mundial despois dunha regata en que os cinco primeiros clasificados andaron na chegada en menos de un segundo de extrema competencia.