Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Rodríguez logra en Morzine a terceira vitoria española neste Tour

Carlos Rodríguez logra en Morzine a terceira vitoria española neste Tour

O andaluz, debutante aos seus 22 anos, está a ser unha das sensacións da rolda

Ademais da vitoria de etapa, marcha de terceiro na xeral

Segue a loita entre Vingegaard e Pogacar, separados por dez segundos

Foto: EFE
G24.gal 15/07/2023 19:52

O seu nome é Carlos Rodríguez, é de Granada e ten 22 anos. El é o nome do día para o deporte español. Porque na súa primeira participación no Tour acaba de conseguir unha vitoria de etapa. Unha desas vitorias épicas, inesquecibles. Polo perfil inclinado, pola loita titánica entre os dous grandes, Vingegaard e Pogacar

Pogacar atacou na última ascensión, mais Vingegaard aguantou e mesmo polo cumio pasou por diante. Carlos cruzou a 17 segundos deles e, na baixada, camiño da meta, enganchounos. Mais lonxe de quedar a mirar, tirou de descaro e atacou. E conseguiu uns segundos, que a pesar da voracidade de Pogacar, lle deron pra lograr a vitoria. Segundo foi Pogacar e xunto a el chegou Vingegard. Os dous foron felicitar a Carlos.

Na xeral, Vingegard continúa á fronte. Con Pogacar a dez segundos, un menos polas bonificacións. E con Carlos xa terceiro, a máis de catro minutos.

Para este domingo, conta coa etapa, con final en alto, no MontBlanc. Unha das grandes citas deste Tour de Francia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos