Carmen Cabestany: "75.000 nenos e nenas sofren acoso escolar en Galicia"

A experta na loita contra o bullying deu dúas conferencias na sede de Afundación na Coruña

G24.gal 18/11/2023 15:30 Última actualización 17/11/2023 19:04

Docente, investigadora e activista contra o bullying, Carmen Cabestany é unha das principais especialistas de España neste tema tan grave, tan delicado e tan silenciado. Preside a Asociación No al Acoso Escolar, que leva anos crecendo en presenza, ampliando esforzos para visibilizar este problema. 

Pasou por Galicia para impartir dúas conferencias na Coruña, onde falou da urxencia de erradicar o bullying, potenciado nos últimos tempos polas redes sociais. Solucionalo, sinala, é responsabilidade de todos. E o seu discurso resulta contundente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade