Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carmen Neiro é a candidata galega nos Premios Nacionais de Enfermería

Carmen Neiro é a candidata galega nos Premios Nacionais de Enfermería

A enfermeira galega compite na categoría asistencial contra outras catro candidatas

A finais de outubro entréganse os galardóns en Madrid

G24.gal 08/10/2023 13:07 Última actualización 08/10/2023 13:28

Enfermeira desde hai 29 anos, primeiro na unidade de críticos e agora no servizo de cardioloxía do hospital Clínico de Santiago, Carmen Neira é a única galega candidata aos Premios Nacionais de Enfermería. Propúxoa o Colexio de Enfermería da Coruña e competirá con outras catro candidatas na categoría asistencial.

"Calquera enfermeira do meu ámbito, do meu hospital, da nosa comunidade, podía estar dentro desas cinco enfermeiras. Sorprendida. Agradecida aos que contaron coa miña candidatura. Ilusionada tamén, e agora apetece o premio".

Ademais do traballo asistencial, Carmen fai docencia e investigación. Sinala a proximidade cos enfermos como o mellor da profesión. E algo por mellorar, a cantidade de doentes que ten que atender cada enfermeira, o que leva a episodios de estrés.

"As nosas ratios non están equiparadas ás europeas. Deberiamos pensar por que as enfermeiras marchan de aquí. Ao mellor non está na nosa man modificar iso e non quere dicir que non fagamos o noso traballo, pero moitas veces imos sobrecargadas".

Os premios convócaos o Consello Xeral da Enfermería e os galardóns entregaranse en Madrid a finais deste mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar