Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carolina Marín, campioa olímpica de bádminton, premio Princesa de Asturias dos Deportes

Carolina Marín, campioa olímpica de bádminton, premio Princesa de Asturias dos Deportes

Marín, que se converteu en 2014 na primeira xogadora non asiática en entrar no top ten mundialista de bádminton, toma a substitución do atleta keniano Eliud Kipchoge, bicampión olímpico en maratón

G24.gal 08/05/2024 12:19

A xogadora de bádminton Carolina Marín, medalla de ouro nos Xogos Olímpicos Río 2016 e tripla campioa mundial, foi distinguida este mércores co Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2024.

Carolina Marín (Huelva, 1993), que se iniciou neste deporte cando tiña 12 anos no Club Bádminton IES La Orden da súa cidade natal, proclamouse campioa olímpica en Río 2016, alcanzou o título mundial en tres ocasiones -2014, 2015 e 2018-, e o europeo en sete, a última delas o pasado mes de abril en Alemaña.

Apeada dos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 por unha lesión de xeonllo, no seu palmarés tamén figura a medalla de ouro conseguida nos Xogos Europeos celebrados en Polonia o pasado ano.

Marín, que en 2014 converteuse na primeira xogadora non asiática en entrar no top ten mundialista de bádminton, toma a substitución do atleta kenyano Eliud Kipchoge, bicampión olímpico en maratón, que o pasado ano foi distinguido polo xurado como un "referente do atletismo mundial" e como o "mellor corredor" da disciplina "de todos os tempos".

En edicións anteriores foron distinguidos, entre outros, a Fundación Olímpica para os Refuxiados e o Equipo Olímpico de Refuxiados; a esquiadora estadounidense Lindsey Vonn; a selección masculina de rugby de Nova Zelandia, coñecida como os All Blacks; o triatleta Javier Gómez Noya; os irmáns e xogadores de baloncesto Pau e Marc Gasol; o Maratón de Nova York; a selección española de fútbol; o tenista Rafa Nadal ou os pilotos de Fórmula Uno Michael Schumacher e Fernando Alonso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade