Publicador de contidos
Publicador de contidos

Casado di que Sánchez é un presidente débil por non cesar a Garzón, e o Goberno acusa o PP de fomentar a polémica por intereses electorais

Casado di que Sánchez é un presidente débil por non cesar a Garzón, e o Goberno acusa o PP de fomentar a polémica por intereses electorais

O ministro de Agricultura pide "respecto" para agricultores e gandeiros

G24.gal 14/01/2022 15:08

O Partido Popular lanzou unha campaña en redes sociais para reivindicar o sector gandeiro e para pedir o cesamento inmediato de Alberto Garzón. Nunha visita a unha explotación gandeira extensiva, Pablo Casado aseguraba que esta polémica demostra que Sáchez é "copresidente do Goberno".

"Está dicindo que compra a tese de Alberto Garzón, que a carne española é de mala calidade. E está recoñecendo que non manda nada, que é un presidente débil", dixo o líder popular.

Dende o PSOE din que o PP só busca facer campaña electoral. "Unha polémica ficticia, que só lle interesa ao PP no medio da campaña electoral de Castela e León", en opinión de Adriana Lastra.

Tamén na Moncloa queren pasar páxina. O ministro de Agricultura cre que o PP ten interese e prolongar a polémica: "Agricultores e gandeiros merecen un respecto, e que non os manipulen politicamente".

Pero dende as filas de Podemos Irene Montero lamenta a resposta de Pedro Sánchez. "Non se pode comprar un bulo para facer política, e creo que o presidente e o Partido Socialista se deron de conta".

A ministra de Igualdade cre que a súa formación demostrou máis lealdade noutras crises que afectaban ministros socialistas do Goberno de coalición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade