Case catro semanas sen poder consumir auga da billa en Foz
Case catro semanas sen poder consumir auga da billa en Foz
Ademais de modificar o sistema de depuración, a empresa responsable anunciou melloras na estación de tratamento de augas
Os veciños e turistas están mercando mercando auga embotellada porque o Concello advertiu de que a da billa non se debe consumir polo elevado índice de trihalometanos. Así levan xa case catro semanas.
Algúns din que a calidade da auga sempre baixa no verán pola falta de chuvia e o elevado consumo, xa que Foz triplica os seus 10.000 habitantes.
O Concello descarta que haxa risco para a saúde e asegura que fan continuas analíticas. Algúns veciños falan de desinformación e cuestionan ter que pagar polo servizo.
Entre os que peor o levan están os hostaleiros, que nalgúns casos recorreron a depuradoras propias. Ademais de modificar o sistema de depuración, a empresa responsable anunciou melloras na estación de tratamento de augas.