Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case o 80 % das multas de tráfico en Galicia son por exceso de velocidade

Case o 80 % das multas de tráfico en Galicia son por exceso de velocidade

En segundo lugar están as sancións por consumo de alcohol e drogas

Usar o teléfono móbil ao volante é unha infracción que medra cada ano

G24.gal 07/04/2024 12:53 Última actualización 07/04/2024 13:57

Ademais de por non levar o cinto, as sancións máis habituais en Galicia teñen que ver co exceso de velocidade e co consumo de alcohol e drogas antes de conducir.

Case o 80 % das sancións impostas os condutores galegos, unhas 380.000, son por exceder os límites de velocidade nas vías.

A segunda sanción máis habitual ven por conducir baixo os efectos do alcohol e as drogas. Se ben as cifras baixan cada ano, no último exercicio foron preto de 15.000 as multas por ese motivo.

Utilizar o teléfono móbil mentres se conduce, estacionar en lugares onde está prohibido ou saltar semáforos en vermello son outras sancións comúns os condutores galegos. Case un 8 % ten menos de once puntos no carné por causa das sancións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade