Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case o 97 % dos consumidores seguen a recibir chamadas comerciais

Case o 97 % dos consumidores seguen a recibir chamadas comerciais

A lei que prohibe esta práctica sen consentimento non acabou con ela

G24.gal 25/09/2023 13:46

Hai xa tres meses que as empresas teñen prohibido facer chamadas comerciais sen consentimento expreso do cliente. Pero o 97 % asegura que segue padecendo o SPAM telefónico.

A enquisa dunha organización de consumidores revela que máis da metade recibiron máis de cinco chamadas deste tipo no último mes. Sobre todo son chamadas relacionadas coas telecomunicacións, a enerxía ou os seguros.

Todo cando a lei prohibe facelo sen consentimento previo. Segundo a enquisa, menos do 10 % dos afectados saben como denunciar esta práctica.

As queixas deben presentarse ante a Axencia Española de Protección de Datos. En caso de non cumprir a lei, as empresas poden ser sancionadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos