Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresas galegas beneficianse da publicidade de balde dos famosos en redes

Empresas galegas beneficianse da publicidade de balde dos famosos en redes

"É publicidade que ganas porque a xente quere o teu produto" 

G24.gal 07/06/2024 14:47

Coñécense como seguidores orgánicos. Gústalles o produto e móstrano nas rúas redes. Que o faga un famoso, e de balde, é o soño de calquera marca. Varias galegas conseguírono.

A última esta semana. Fíxose viral un vídeo das irmás Jenner bebendo Estrella Galicia. En cuestión de horas vírono millóns de persoas en todo o planeta.

"Que dous personaxes da repercusión mundial, do top 10 de repercusión de influencers no mundo brindaran coa nosa cervexa pois estamos encantados! A estimación é importante, obviamente, porque sabemos o que cobran por cada post", dicía o presidente da Corporación Hijos de Rivera, Ignacio Rivera.

Ata dous millóns de dólares, estiman as axencias que agasallaron Kylie e Kendall en publicidade. 

Do impacto que teñen estes agasallos virais saben nos Peperetes. Beckam probou estas conservas galegas nos Alpes, compartiu a experiencia con setenta millóns de seguidores e as vendas multiplicáronse na web.

Marta Ferro, directora Closet Comunicación explica que "é publicidade que ganas porque a xente quere o teu produto, entón mostra momentos da súa vida cotiá con ese produto. E fano porque queren. Non porque lles esteas pagando".

É o caso do grupo coreano BTS, que mobiliza millóns de fans nas redes. Un dos integrantes publicou unha foto e disparou as vendas das xa oscarizadas patacas galegas Bonilla a la Vista 

Marta Ferro mantén que é publicidade de balde, pero non casual. Di que "hai moito traballo de posicionamento de marca, de mercado, e de traballar moi ben o produto e a venda, e de sentimento de marca".

Por ese sentimento reputados cociñeiros, como Gordon Ramsay, a publicitan nas redes.

Uns vestidos de Pili Carrera esgotáronse na web en horas, despois de velos na coroación dos reis de Holanda.

Pero se hai un pioneiro en usar famosos internacionais fíxense en Sonny e Rico. Detrás dos traxes con camiseta e os zapatos sen calcetíns estaba o galego Adolfo Domínguez. Coñecido internacionalmente xa daquela pola serie máis vista dos 80.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos