Case tres anos tapiados por un andamio en Pontevedra
Case tres anos tapiados por un andamio en Pontevedra
As obras paran en moitas ocasións
Máis dunha decena de establecementos da rúa Rosalía de Castro de Pontevedra denuncian a presenza dun andamio diante das súas fachadas que este verán fará tres anos.
A falta de visibilidade dos seus escaparates failles perder a algúns máis da metade dos seus ingresos. Nalgún tempo tamén tiveron diante unha latrina que cheiraba mal, os obreiros non se fixan tampouco cando regan ou baldean e a auga remata sobre os que están nas terrazas.
Cada vez que denuncian nos medios, as obras retómanse, pero con moi poucos obreiros. Os responsables dos establecementos están desesperados.
A Comunidade de Veciños que promove a obra pretendía contar cunha subvención da administración galega, que podería perder ao non cumprir os prazos.