Castrelo de Miño segue a abastecerse de auga con cisternas
Castrelo de Miño segue a abastecerse de auga con cisternas
Levan con problemas de auga desde xullo
Baixou o consumo pero a seca persiste e os mananciais non dan recuperado os niveis necesarios para garantir o abastecemento á poboación
Os problemas de auga no concello ourensán de Castrelo de Miño comezaron xa no verán. A falta de precipitacións fixo que os depósitos que se abastecen de mananciais quedaran en niveis mínimos polo que tiveron que contratar unha empresa especializada que lle subministrara auga potable en cisternas. Un problema que persiste en pleno mes de outubro e que fixo que o custo do servizo para o concello incrementara nuns 6.000 euros.
Dende o consistorio sosteñen que é urxente a posta en funcionamento dunha nova captación dende o Miño que permita solucionar de xeito definitivo o problema de abastecemento de auga e tamén solucionar os niveis de arsénico que neste intre se están a controlar coa instalación duns filtros.