Milleiros de castrexos e romanos enchen as rúas de Lugo no Arde Lucus
Milleiros de castrexos e romanos enchen as rúas de Lugo no Arde Lucus
A festa recupera todos os folgos que tiña antes do ano 2020
O Arde Lucus, festa de interese turístico autonómico e nacional, loita por acadar tamén a declaración de interese turístico internacional.
Cada ano milleiros de castrexos e romanos toman as rúas dunha cidade na que once campamentos recrean o pasado da época da invasión.
O centro semella o estudio de rodaxe dunha película ambientada nese tempo. Nun mapa, aparecen os pobos que habitaban o noroeste peninsular.
Segundo conta o arqueólogo Enrique Alcorta, as recreacións que se fan son bastante fieis á época que representan. Nun dos campamentos acuñan moedas, noutro moen centeo e pan.
Cada ano medra a participación e, nesta edición, a festa vívese coma un logro tras a pandemia. Este domingo clausúrase con desfiles, loita galaica, bautizos celtas e a música de Tanxugueiras.