Castro Caldelas, cheo de turistas o Día dos Pobos máis Bonitos de España
Castro Caldelas, cheo de turistas o Día dos Pobos máis Bonitos de España
Son 111 vilas en todo o estado que poñen en valor o patrimonio e reclaman servizos
Mondoñedo e Ponte Maceira tamén forman parte da rede
As estampas de autocares cargados de turistas son xa habituais dende hai anos en Castro Caldelas, en boa medida polo feito de ser incluída a vila no grupo de pobos máis bonitos de España. O recoñecemento serve como reclamo, pero a meirande parte dos turistas ven superadas as súas expectativas respecto do que ofrece a capital caldelá.
En España son 111 os lugares seleccionados como os máis bonitos. Un recoñecemento ao patrimonio histórico, artístico e cultural e ao seu estado de conservación e mantemento. Os veciños de Castro Caldelas amósanse orgullosos de que a súa vila xa sexa un referente turístico malia atoparse relativamente illada, e cren que tamén axuda atoparse na Ribeira Sacra.
No día da súa reivindicación, a bandeira dos lugares máis bonitos tamén luciu en Mondoñedo e na Ponte Maceira.