Castro Candaz é accesible a pé ante o baixo nivel da auga en Belesar
Castro Candaz é accesible a pé ante o baixo nivel da auga en Belesar
A seca posibilita o acceso ao promontorio despois de 5 anos illado
Situado entre a desembocadura dos ríos Lama e Enviande, malia o paso do tempo e malia estar mergullado a maior parte do ano baixo as augas do encoro de Belesar, Castro Candaz continúa ofrecendo pistas da súa historia de castro prerromano e fortaleza medieval.
O promontorio, aínda conserva restos do castelo, da torre e da rampla de acceso ao patio central.
A seca fai que poidamos acceder novamente a esta península despois da última vez que foi posible, hai cinco anos.
O sol foi un incentivo para que esta mañá varias persoas se animasen a facer a excursión. Tamén se animaron a facer a visita veciños de concellos próximos a Chantada que nunca antes lles cadrara poder cruzar.
Para acceder ao castro hai que coller un camiño apenas sinalizado, polo que é doado perderse, pero pasear pola zona tamén paga a pena.
A única mágoa de que cada vez máis persoas visiten esta marabilla é a infinita capacidade do ser humano de deixar a súa pegada na natureza.