Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sobe a catorce o número de falecidos polos anegamentos en Italia

Sobe a catorce o número de falecidos polos anegamentos en Italia

O último falecido é un home de 84 anos que atoparon na lama do patio da súa casa

Hai uns 20.000 desprazados na rexión de Emilia Romaña

Os bombeiros continúan evacuando veciños

G24.gal 19/05/2023 12:51 Última actualización 20/05/2023 09:19

A vítima número catorce dos anegamentos de Emilia Romaña é un home de 84 anos que atoparon morto na lama do patio da súa casa. 48 horas despois das graves inundacións nesta rexión italiana, os bombeiros continúan coas evacuacións de veciños.

Estes rescates son complexos, non só por causa da auga e a lama, tamén porque aínda hai moita xente incomunicada polas avarías na rede eléctrica e na de teléfono. Calculan uns vinte mil desprazados. Hoxe abriron algunhas escolas; con todo, o estado de emerxencia está vixente en toda a rexión.

As previsións meteorolóxicas melloraron nas últimas horas, pero temen que volva chover durante a fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade