Cargando resultados...
Catro persoas liberadas dunha furgoneta despois de chocar cun camión na A52 en Monterrei
Urxencias sanitarias enviou un helicóptero medicalizado á zona

G24.gal
07/07/2023 17:54
Última actualización 07/07/2023 20:11
Catro persoas quedaron feridas de gravidade ao chocar unha furgoneta cun camión na A-52 EN Monterrei.
O accidente produciuse á altura das Estivadas arredor das cinco e vinte da tarde.
Ata a zona desprazáronse os bombeiros de Verín e Xinzo para excarcerar catro persoas atrapadas na furgoneta.
Tamén se enviou ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Os feridos foron xa trasladados ao hospital.