Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cautela no uso e consumo da auga en Noia

Cautela no uso e consumo da auga en Noia

O Concello alerta dun posible episodio de contaminación por arrastre no río

Cren que a orixe da vertedura está no xurro que botan os gandeiros e que é arrastrado ao río cando chove

G24.gal 14/05/2024 14:40

O río San Xusto é o principal río que abastece Noia. Este luns á tarde viuse enturbado por unha vertedura. Segundo Oviedo, coordinador do Servizo de Auga, informa de que "recibiron un aviso do GES e da Policía dunha vertedura  e que foron á planta de tratamento e cortaron a entrada da auga antes de que chegara a vertedura".

Cortaron a entrada da auga do río na planta antes de que chegase a vertedura e mandaron analizar a auga. En ningún dos dous sitios había hoxe evidencia da vertedura. Con todo, un aviso de cautela no uso e consumo da auga alerta os noieses. Unha medida preventiva ata que se teñan os resultados das análises. A orixe máis probable das verteduras é o xurro que utilizan as granxas e que, sobre todo cando chove, por arrastre acaban no río. Di Oviedo que "avisaron o Seprona e a Augas de Galicia e que estaban controlando a ver de onde vén porque ti o que notas no río é escuma e mal cheiro, pero o sitio concreto téñeno que verificar eles e controlar río arriba se procede das granxas ou dunha extensión agraria cando estenden o xurro".

Non é a primeira vez que pasa algo así en Noia. O tema na vila élles recorrente e motivo de enfado. Algúns veciños argumentan que non queren "a auga de Noia nin para ducharse". 

No Concello recoñecen o problema, van facer melloras no sistema de tratamento e potabilización da auga, pero, con todo, instan o Seprona e as autoridades pertinentes a que controlen determinado tipo de prácticas dalgúns gandeiros para evitar situacións coma estas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade