Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ceaqua Galiza interporá unha querela criminal polo asasinato do nacionalista Moncho Reboiras en 1975

Ceaqua Galiza interporá unha querela criminal polo asasinato do nacionalista Moncho Reboiras en 1975

Reboiras morreu durante un operativo policial despregado entre o 11 e o 12 de agosto de 1975

A denuncia será cursada polo seu irmán, Manuel Reboiras Noia

A medida xudicial solicitarase ás 12 horas deste próximo venres no Palacio de Xustiza de Ferrol

G24.gal 14/02/2023 12:00

O colectivo Ceaqua Galiza anunciou este martes a interposición dunha querela criminal contra vinte e seis "membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado franquista", tanto da Policía Armada como da Brigada Político-Social, polo asasinato do líder nacionalista galego Moncho Reboiras en 1975.

Nun comunicado, a plataforma sinalou que a medida xudicial se solicitará ás 12 horas deste próximo venres no Palacio de Xustiza de Ferrol, onde Reboiras morreu durante un operativo policial despregado entre o 11 e o 12 de agosto de 1975 e en cuxa última xornada faleceu o dirixente, que tiña 25 anos de idade.

A denuncia será cursada polo seu irmán, Manuel Reboiras Noia. Na mesma impútaselles "aos querelados un delito de asasinato en concurso con crime de lesa humanidade".

O colectivo indicou que esta "querela súmase ás máis de 80 presentadas no conxunto do Estado español por persoas que no exercicio do seu dereito á verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición demandan que se investiguen e xulguen os crimes contra a humanidade cometidos pola ditadura franquista".

Minutos antes da interposición da solicitude, celebrarase un acto público ante os xulgados ferroláns, onde acudirán tanto o irmán do líder nacionalista, vinculado coa UPG, como o equipo xurídico correspondente e compoñentes da propia plataforma Ceaqua Galiza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade