A loita contra a pandemia centra a cerimonia de translación do Apóstolo
A loita contra a pandemia centra a cerimonia de translación do Apóstolo
O alcalde de Santiago actuou como delegado rexio
A cerimonia de translación comezou na praza do Obradoiro coa tradicional parada militar. O alcalde de Santiago actuou este ano como delegado rexio e pasou revista ás tropas.
Dentro da catedral, na súa ofrenda, Xosé Sánchez Bugallo dixo que a cidade está preparada para recibir os peregrinos no ano santo 2022, depois dun 2021 descafeinado pola pandemia: "En Santiago estamos preparados e recibiremos cos brazos abertos a turistas e peregrinos. Compostela foi e seguirá sendo unha cidade hospitalaria e amigable".
Tamén lembrou a importancia da responsabilidade individual para superar a pandemia. Na súa resposta-homilía, o arcebispo, Xulián Barrio, reiterou esa chamada á responsabilidade: "No medio da crise sanitaria, económica e psicolóxica temos que recuperar a confianza". O arcebispo asegurou que "non podemos construír unha sociedade diferente con xente indiferente".
En representación da Xunta acudiu o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda. Tamén participou na cerimonia o delegado do Goberno en Galicia, entre outras autoridades. O acto rematou coa sinatura no libro de ouro da cidade.